I Campamento urbán de Leiro. 2008

Campamento urbán en horario de 16:30 a 20:00 horas para rapaces e rapazas do concello de Leiro entre 4 e 12 anos (incluídas esas idades) do 18 a 29 de agosto de 2008.

Os campamento urbáns son actividades que contan cunha dinámica de seu, participativa e activa, onde os nenos e nenas son os protagonistas.

O I Campamento urbán  de Leiro ten como un dos seus obxectivo s xerais o aproveitamento dos recursos naturais e materiais do concello, xa que este dispón de multitude de recursos culturais, deportivos e históricos que posibilitaran un maior enriquecemento dos participantes á hora de facer as actividades e un mellor aprendizaxe da nosa cultura.

Ademáis de outros obxectivos específicos:

  • Sensibilizar ós/as participantes có medio que lle rodea.
  • Potenciar o traballo en equipo e o espíritu cooperativo.
  • Valorar a convivencia dentro do grupo.
  • Favorecer a adquisición de habilidades sociais.
  • Adquirir boas actitudes e conductas en torno ó contexto natural e humano.
  • Xogar e divertirse no verán no concello de Leiro.

A maioría das actividades realizáronse no colexio “Emilia Pardo Bazán de Leiro” que tamén era o lugar de encontro e recollida para nais e pais.

Calendario de actividades:

1ª Semana: do 18 de agosto ó 22 de agosto . Horario de 16:30 a 20:00h.

1º DÍA: DÍA DE INAUGURACIÓN:
Recepción dos participantes: listados e reparto de grupos.
Xogos de presentación.
Dinámica do campamento.

2º DÍA: DÍA DA NATUREZA:
Xogos medioambientais.
Obradoiro de reciclaxe.

3º DÍA: DÍA DOS “INDIOS”
Rastrexo indio.
Obradoiro de fíos e pulseiras indias.Gran xogo das cores.

4º DÍA: DÍA DO MUNDIAL DEPORTIVO:
Actividade na aula de deporte do colexio
Olimpiada por equipos
Deportes cooperativos.

5º DÍA: DÍA DE “COÑECE O TEU ENTORNO”:
Xogo polas rúas de Leiro

2ª Semana: do 25 de agosto ó 29 de agosto. Horario de 16:30 a 20:00h.

1º DÍA: DÍA CELTA.

Ambientado na época celta: obradoiros e xogos varios.

2º DÍA: DÍA DA “GALIZA”
Actividade ó aire libre.
Xogos populares.
Coñecemento da cultura galega.
Obradoiro sobre etnografía galega: cantigas, xogos, etc.

3º DÍA: DÍA DOS OBRADOIROS:

Obradoiros varios: globoflexia, marcapáxinas, flores secas, debuxo etc.

4º DÍA: DÍA DE PREPARACIÓN DA FESTA FINAL:
Elaboración de títeres
Elaboración do escenario e preparación das obras por grupos
Elaboración cartel para a festa

5º DÍA: DÍA FESTIVO:

Día da despedida: representación de títeres dos participantes para pais e nais, entrega de agasallos e diplomas e merenda para todos/as


Documentos relacionados:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s