O Concello de Leiro realizou as obras correspondentes ó proxecto de “By pass en canal de derivación para asegurar el abastecimiento de agua a Leiro (Ourense)”
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, concedeu unha subvención ó abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021, para a execución desta obra de abastecemento que cubre o 80% dos gastos subvencionables da obra que ascenderon a un importe total de 45.019,14 €
A empresa adxudicataria Inserpyme Global, S.A, levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto “By pass en canal de derivación para asegurar el abastecimiento de agua a Leiro (Ourense)”, que consistiron na instalación dun by- pass á comporta situada na canle de derivación do represa de Cameixa, que se atopa no río Viñao.
Mediante este by- pass conséguese que nos períodos nos que non funcione a instalación hidroeléctrica, como pode ser no estío, se consiga conducir pola canle sinalada a auga necesaria para o abastecemento de auga a Leiro.
