O Concello de Leiro realizou as obras correspondentes ó proxecto de “Mejoras en la EDAR Leiro. Ourense”
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, concedeu unha subvención ó abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021, para a execución desta obra de saneamento que cubre o 80% dos gastos subvencionables da obra que ascenderon a un importe total de 47.000,00 €
A empresa adxudicataria Espina & Delfín, S.L, levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto “Mejoras en la EDAR Leiro. Ourense”, que comprenden unhas serie de actuacións de mellora na EDAR de Leiro, ademais da substitución do colector anexo ao regacho ou Foxón, situado non núcleo de Leiro.
As actuacións na EDAR de Leiro, todas elas encamiñadas a mellorar o seu funcionamento, consistiron na substitución das bombas no bombeo de entrada á instalación, substitución de rototamiz e novos equipos de control de ph e sistema de avisos.
