AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO – CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA.

“ACONDICIONAMIENTO EXTERIOR CENTRO SOCIAL “ESCOLA DE ABAIXO” EN BERÁN”

Acondicionamento exterior da edificación que acolle o Centro Social denominado “Escola de Abaixo” de Berán co fin de proceder á corrección do impacto paisaxístico que o seu deterioro provoca na contorna. Procederase á corrección deste impacto mediante a realización das seguintes actuacións:

– Desmonte da cuberta de tella actual, incluíndo a montaxe , desmonte e aluguer de estadas

– Substitución de placas de fibrocemento deterioradas

– Execución de nova cobertura de tella cerámica curva recibida con morteiro

– Pintura ao esmalte mate sobre madeira nos beirís

– Orzamento: 13.286,96 €  Axuda 70%: 9.300,87 €

“ACONDICIONAMIENTO FONTE-LAVADOIRO EN BARRO – GOMARIZ”

Acondicionamento dunha Fonte-Lavadoiro situada no Lugar de Barro no Núcleo de Gomariz, co fin de proceder á corrección do impacto paisaxístico que o seu estado de deterioro produce na súa contorna. Procederase á corrección deste impacto mediante a realización das seguintes actuacións:

– Demolición de cuberta actual de viguetas de formigón armado ou pretensado e bovedilla prefabricada.

– Instalación de piares de granito Silvestre

– Execución de nova cobertura de tella cerámica curva sobre placas de fibrocemento, táboas e estrutura de madeira

– Limpeza da fonte lavadoiro de pedra con cepillo e auga

– Orzamento: 13.683,85 €; Axuda 70 %: 9.578,69 €

Advertisement