Benvid@s a Leiro, terra de natureza, viño, auga e historia!
Dende estas terras, dende este concello queremos darche a benvida á nosa web, que pretende ser unha fiestra aberta á información acerca do noso concello, do seu día a día, da súa actividade municipal, así como achegarche información áxil dos servizos que se xestionan dende esta administración local.
Dende aquí e para tódolos “navegantes”, non quero deixar de convidarvos a que coñezades estas terras, a súa natureza, historia e patrimonio. Non esquezades visitar a páxina de Turismo que ofrece a nosa visión de Leiro, pero sobre todo, ven a coñecernos!
Un saúdo!
Francisco Fernández