Mellora de Camiños Municipais 2020/21

PLAN MARCO: MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021, COFINANCIADO CO FEADER NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020

O Concello de Leiro realizou as obras correspondentes ó proxecto de mellora de camiños Leiro 2020-2021.

Este Plan contempla a mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente no medio rural, e máis concretamente, camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través de AGADER e coa cofinanciación do FEADER E MAPAMA, concedeu unha subvención para a execución das obras que cubre o 100% dos gastos subvencionables da obra, achegando a cantidade de 21.676,00 €.

A empresa adxudicataria Aopil S.L, levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto “Mellora de camiños Leiro 2020-2021”, de reforma e consolidación do firme existente –que se atopaba altamente deteriorado- nun camiño rural no contorno do núcleo de Cubilledo, parroquia de Gomariz e municipio Leiro, o cal parte da estrada OU-504, en dirección ao núcleo de A Vilerma, pasando xunto ó de Cubilledo e dando acceso a numerosas fincas agrícolas, casi todas elas destinadas a viñedo.

Advertisement