PLAN MARCO: MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2021-2022
O Concello de Leiro realizou as obras correspondentes ó proxecto de mellora de camiños Leiro 2021-2022.
Este Plan contempla a mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente no medio rural, e máis concretamente, camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través de AGADER, concedeu unha subvención para a execución das obras que cubre o 100% dos gastos subvencionables da obra, achegando a cantidade de 28.363,00 €.
A empresa adxudicataria Coviastec, S.L, levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto “Mellora de camiños Leiro 2021-2022”, de reforma e consolidación do firme existente –que se atopaba altamente deteriorado- de tres camiños rurais no contorno do núcleo de Cubilledo, parroquia de Gomariz e municipio Leiro, denominados Camiño A Vilerma, Camiño Os Canos Norte e Camiño Os Canos Este, que dan acceso a numerosas fincas agrícolas, casi todas elas destinadas a viñedo.
