Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) do Concello de Leiro

A Comisión Europea puxo en marcha no ano 2008 o “Pacto de los alcaldes” co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da UE, é dicir, a adhesión a esta iniciativa supoñía comprometerse a ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE e así aumentar a eficiencia enerxética un 20 %, aumentar o uso da enerxía procedente de fontes renovables outro 20 % e reducir as emisións de gases efecto invernadoiro un 20 % para o ano 2020.

No ano 2015 a Comisión Europea lanzou o Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, unha nova ferramenta para reunir aos Alcaldes das ciudades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación do boas prácticas en materia climática, que consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da UE para o ano 2030: reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, entre outros.

Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao Pacto comprométense a redactar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), para o cal a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fai pública no DOG núm. 27 de 10 de febreiro de 2021 a Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo FEADER con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á sua convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021

O Concello de Leiro adhírese ao Pacto das Alcaldías neste ano 2021, tras acordo do Pleno do 22 de febreiro de 2021, e unha vez concedida a axuda da Xunta de Galicia citada anteriormente mediante resolución de data 16 de xullo de 2021, elabórase o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) do Concello de Leiro.

Advertisement