Senda de Pena Corneira

Descripción: Partimos do Paseo Fluvial, xunto á pasarela, e dirixímonos ao Camiño Real que nos leva ata Lebosende, e de alí a Paredes onde poderemos visitar a área etnográfica do “Regato do Foxón” formada por 6 muíños e 30 cabaceiros.

 

IMG_20170607_191637_501

IMG-20170901-WA0045

 

Tras un curto tramo de estrada, encamiñámonos cara á área recreativa de Pena Corneira, a través dunha singular paisaxe formada de carballos, castiñeiros e os espectaculares “bolos” de granito. Chegados a este punto atopamos unha fonte, mesas e asadores, así como dúas derivacións da senda que nos acercan á propia Pena Corneira e a un miradoiro con excelentes vistas sobre a comarca.

 

IMG-20170701-WA0001

Lonxitude: 8.7000 m.
Localización: Leiro.
Dificultade: Media.

Cartografía: IGN E 1:25.000 – Folla 187 III

Advertisement