Benvid@ a Leiro!
Leiro, terra de natureza, viño, auga e historia.
O municipio de Leiro constituíuse o 15 de Maio de 1836 a expensas da xurisdición de San Clodio. Emprázase nas marxes do río Avia, que o cruza, situándose no centro da comarca do Ribeiro, a medio camiño das localidades de Ribadavia e O Carballiño. A súa superficie é de 38′2 km2 e componse de nove parroquias: Berán, Gomariz, Lamas, Lebosende, Leiro, Orega, San Clodio, Serantes e Vieite.
O principal cultivo da zona (e tamén da comarca) é o viñedo, que trepa polas ladeiras nos chamados socalcos, típicos da zona. Foi aquí en Leiro, onde se fundou a 1ª Cooperativa de viño no ano 1952 que, anos máis tarde, sería absorbida pola hoxe existente do Ribeiro. Leiro ten unha morfoloxía de vila pequena ben coidada, con trazado de rúas que parten dunha pequena praza orlada de casas de pedra.
É un escenario de grande riqueza natural onde se pode gozar de fermosas paisaxes que ofrece o val desde a ribeira do Avia, pasando polos outeiros, ata chegar á montaña de Pena Corneira.
Visita o noso perfil en Facebook => Turismo de Leiro.
Para coñecer máis o Ribeiro pique aquí.