Terras do Avia

ImagenMarcaServlet

Terras do Avia é unha mancomunidade turística que comprende os concellos de Leiro, Ribadavia, O Carballiño e Boborás.

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

A auga conformou a arte da súa paixase, decorado pola natureza dos seus montes nas partes altas e engalanado polas viñas dos seus vales. O patrimonio natural enriquécese nesta Galicia do interior para sorte e admiración dos seus visitantes, esas xentes que veñen e non se van sen deixar unha fotografía na súa memoria, a mesma que gardan no seu tempo estas xentes. A auga aquí foi elemento primario para a terra, para o home e para a atmósfera que respira, sempre acompañando nunha doce música que viaxa entre fervenzas naturais, moitas veces minerais e termais.

A pedra soamente é produto de esa auga e de esa terra que o home aprendeu a domesticar, ao igual que o viño. Dende a época castrexa, despois románica, barroca ou moderna, os canteiros superon conxugar a nobreza do seu granito ca espiritualidade de unha cultura. Poucos lugares como as terras do Avia atesoran unha riqueza tan integrada ca súa contorna, un patrimonio artístico tan concentrado na proximidade. Castros, xuderías, templarios, monxes, todos eles promotores artesáns do pagano e do relixioso esculpindo cruceiros ou templos, cidades ou petos de ánimas… sempre en sintonía perfecta con aquela paixase, a da auga e do viño.

Terras do Avia preséntalles unha viaxe inovidable, auténtica e xenuina coa súa historia a través dos concellos que a integran.

Advertisements