Boborás

http://boboras.org/eportal/portal/

En Boborás atopáronse numerosos restos da cultura dos castros, a romanización e posteior cristianización. A partires da Idade Media son frecuentes as pisadas dos paso pola zona da Orde do Temple e a Orde de San Xoán de Xerusalén.

Boborás tivo sempre gran importancia estratéxica ao ser paso obrigado para levar os viños do Ribeiro cara Compostela e  A Courña, xa que nas súas terras atópanse os mellores pasos para sortear os canóns formados polo Avia e o Arenteiro. Estas pontes cobraron aínda máis valor durante a Guerra da Independencia cando o Bataión de Voluntarios do Ribeiro enfrentouse repetidamente aos franceses. Entre outros destacan os de Castro Cavadoso e Pazos sobre o Arenteiro así como a Ponte da Cruz que cruza o Avia en Pazos do Arenteiro, as ruinas da cal dan boa mostra de aquelas loitas.

ponte

Ao igual que no resto de Terras do Avia, nas terras do Concello de Boborás amósanse especialmente significativos dos estilos que impregnan todas as manifestacións arquitectónicas e escultóricas como son o Románico e o Barroco, conformando un patrimonio eclesiástico rico, abundante e suxestivamente atractivo.

Igrexas parroquiais como a de Astureses, fundada no século XII pola orde do Temple e que con posterioridade pertenceu a Orde de Malta, Moldes tamén Templaria, no inteior da cal se atopa soterrado o insigne fillo da localidade, guiéiro da Xeración Nós, D. Antón Losada Dieguez, ambas declaradas Monumento Nacional en 1946; que xunto cas de Cameixa, Pazos, Xuvencos ou Xuranzás permítennos rememorar os esplendorosos séculos da Idade Media e do furor constructivo do Románico. A pisada dos tempos do Barroco queda reflexada en igrexas como a de Albarellos ou Cartelle e na Ponte de Brués.

San martiño

Se dúbida a maior concentración de riqueza patrimonial atópase en Pazos de Arenteiro, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1973. Esta pequena poboación, a cabalo entre o Arenteiro e o Avia, reúne unha ampla mostra de Pazos, Casas Grandes e adegas tradicionais nun casco urbán que aínda conserva o sabor da antiga puxanza económica vencellada a viticultura.

Boboras_Orense5

Advertisements