O Carballiño

http://carballino.gal/

O Carballiño debe a súa orixe a súa privilexiada situación estratéxica como cruce de camiños entre as terras do interior de Galicia e a costa. Os seus albores hai que buscalos na formación dunha Feira a comezos do século XVII aproveitando este nó de comunicacións, e de ahí o seu progreso imparable ata converterse en vila, logo municipio e máis tarde en cabeceira comarcal. A súa marcada xestación comercial viuse apoiada en outros factores  que contribuíron a consolidar un lugar con unha marcada personalidade, e a quen o ilustre escritor Otero Pedraio definiría como a terra da boa carne, mellor pan e apreciado viño.

E é que a súa gastronomía tamén foi vital para recoñecer esta terra e a que habería que  sumar un manxar concebido no seu mercado, o chamado polbo a feira que deu orixe a máis populosa e coñecida romaría de Galicia: a Festa do Polbo que se celebra no incomparable marco do Parque Municipal, unha contorna paisaxística de 60Ha. que aglutina unha enorme riqueza natural, etnográfica e turística. Os proxectos levados a cabo nesta área nos derradeiros anos (Museo Etnográfico, Camping Municipal, Muíño das Lousas, Piscifactoría, Residenciado Tempo Libre) son modelo de recuperación e aproveitamento de espazos degradados.

Non podemos esquecer a gran riqueza termal que posúe O Carballiño, sendo a vila balnearia por excelencia e sede do Instituto Termal de Galicia. Os seus dous balnearios son coñecidos en todo o territorio galego dende finais do século XIX e foron o baluarte turístico que iniciou xunto a súa feira o despegue de este municipio.

Pero sen dúbida, o monumento máis coñecido é a Igrexa da Veracruz, obra do insigne arquitecto Antonio Palacios e o cumio da arquitectura relixiosa do s.XX pola súa amalgama de estilos e o seu diseño innovador que non pasan inadvertidos para os moitos visitantes que congrega.

Veracruz

O Carballiño é tamén un compendio patrimonial de arquitectura tradicional do seu rico pasado, construccións civis e relixiosas de enorme sona, espazos naturais de formidade beleza e unha nova concepción artíscia de vangarda que engalanan as modernas prazas da vila , todo elo delicia para o visitante.

Advertisements