Ribadavia

http://www.ribadavia.es/

Nas montañas que circundan o val no que se asenta Ribadavia, hai vestixios prehistóricos que nos falan de unha poboación dos castros. O castro de A Veiga ou Bou-Bou, coñécido como Coto do Castro, na parroquia de Sampaio de Ventosela, conserva restos de unha necrópolis castrexa abandonada coa chegada dos romanos, que se estableceron no lugar coñecido como Santa Cristina, na mesma parroquia.

Ribadavia

Territorio ben dotado de cursos fluviais, fértil, acolledor, próximo a Portugal, propiciou que os romanos se asentaran por todo o municipio. Se ben é no século VIII cando se establecen núcleos estables  e comeza o esplendor da vila. Convertirase en Vila Condal e Sede do Adiantado Maior do reino de Galicia cos Sarmiento, familia nobre procedente de Castela.

Os monxes cirtercienses  elaboraran un viño de tan boa calidade que transformou a paixase e a vida dos habitantes de toda a comarca ata os nosos días, onde os caldos do Ribeiro seguen sendo o principal motor da súa economía e garantía de futuro.

ribadavia5

O patrimonio da vila é tan amplo que foi declarado Conxunto Monumental e Artístico, mostra diso son as súas oito igrexas que van dende o románico ata o renacemento, pasando polo gótico. Do primeiro destacamos as igrexas de San Xoán, Santiago e a Oliveira, ésta con un cruceiro no atrio. Do segundo atopamos o convento e a igrexa dos Franciscanos que se construiu fóra do recinto amurallado no século XVII.

O seu casco histórico albergou unha das xuderías máis importantes de Galicia de xeito que Ribadavia forma parte, por dereito propio, da rede de cidades “Caminos de Sefarat”. Do esplendor de épocas pasadas consérvase  un importante número de casas blasonadas.

Un dos elementos diferenciadores de Ribadavia é o Castelo dos Sarmento (s. XIV) no interior do cal se atopa unha necrópole do alto medievo. Moi preto, a igrexa e o convento de Santo Domingo, un importante exemplo do gótico mendicante que inclúe na súa cornisa o escudo de armas dos Sarmento. O claustro do convento é barroco con portadas medievais.

71620-733-547

Preto da vila, en Francelos, atópase a igrexa de San Xés, de estilo prerrománico e con unha espectacular celosía esculpida en puro granito. Entre os séculos XVI, XVII e XVIII erixíronse en todo o municipio importantes edificacións, entre as que destacan as igrexas e rectorais de Santo André de Camporredondo, Sampaio e San Xoán de Outeiro.