Que visitar / Que facer

Xa en Leiro todo visitante pode desfrutar dunha paixase sen igual, pode percorrer o paseo fluvial do río Avia e verá como o tempo lle pasará de vagariño. Se quere deixar o estrés en contacto ca natureza so ten que atravesar a ponte colgante e desfrutará da outra marxe do río, onde se atopa a ampla alameda do Salgueiral. Unha vez deixe atrás esta alameda chegará a ponte das Poldras onde so ten que cruzala para estar no campo da festa.

VISITAR LEIRO

 

PASEA LEIRO

Se quere adentrarse no Leiro cultural ofrecémoslle a posibilidad de realizar unha ruta onde a través da visita a diferentes templos relixiosos de Leiro poderá contemplar toda a espectacularidade do románico.

LEIRO CULTURAL

Sen saír do municipio de Leiro son moitas as actividades que se poden levar a cabo para pasar unha xornada de lecer, dende visitar as adegas da zona e degustar o Viño do Ribeiro, pasando por ter contacto ca flora e a fauna do municipio nas rutas de sendeirismo ou visitando o monumento natural de Pena Corneira ata realizar  actividades de aventura dentro da Aldea Cavernícola ao carón do río Avia.

ENOLOXIA
SENDEIRISMO
ALDEA CAVERNICOLA

Se o que quere e descansar e recuperar forzas, ten a súa disposición o balneario de Berán onde desconectar e desfrutar das augas termais, que seguro farán que volte ao día a día ben relaxado.

TERMALISMO

Advertisement