Visitar Leiro

Comezando o noso percorrido pola capital do municipio, en Leiro, podemos visitar a Capela de San Pedro, de metade do século XVII. A súa portada con superposición de arco e lintel rematado en pináculos, reflexan o peso do Renacemento nesta zona, ao igual que as enjutas nas que se esculpen tondos. No seu exterior podemos ver un escudo cas armas dos Suárez de Deza, Taboada, Oxea e Piñeiro.

Para desfrutar de unha paisaxe sin igual, de unhas vistas extraordinarias non fai falla sair do municipio. Leiro é recoñecido dende fai anos polo seu paseo fluvial e ” O Salgueiral ” unha paraxe con especial encanto situada na marxe esquerda do río Avia; un tranquilo paseo cruzando por diversas pontes entre as que destacamos a ponte colgante e a ponte das Poldras, onde finaliza a alameda.

Leiro no outono.

Non debemos deixar pasar sen ver o famoso Mosteiro de San Clodio, referente cultural máis destacado. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional e actualmente alberga un hotel de catro estrelas. Hai que destacar os seus dous claustros, un de estilo renacentista e outro barroco.

Ademais a igrexa abacial do século XIII, que dispón de planta de tres naves e tres ábsidas de cabeceira semicircular. A ponte medieval de San Clodio, declarada Monumento Nacional, que foi construída no século XV e reparada no XVIII e que na parte central dispón dun interesante cruceiro.

Non podemos esquecernos que sobre o conxunto de ríos e montes da comarca destaca a profusión dunhas enormes formacións rochosas denominadas bolos ou penedos, que de natureza granítica abundan na zona, especialmente en Leiro onde toma carta de natureza co singular contorno de Pena Corneira, auténtico estandarte rochoso da comarca e unha das primeiras escolas de escalada de Galicia.

En Paredes atópase a área etnográfica Regato do Foxón, formado por seis muíños e trinta canastros. Grazas a iso, hoxe podemos ver como era o modo de vida tradicional da Galicia rural.