Sendeirismo

IMG-20170728-WA0028

Para desfrutar dunha paisaxe sen igual, dunhas vistas extraordinarias non fai falla marchar do municipio. Leiro é recoñecido dende fai anos polo seu Paseo Fluvial e O salgueiral que cubre ambas as dúas ribeiras do río Avia. Os amantes da natureza poden atopar unha rede de sendeiros de camiños perfectamente sinalizados e acondicionados (homologados pola Federación Galega de Montañismo), que nos permiten percorrer os máis espectaculares paraxes da zona.

Pero se o que se quere é montaña, ahí temos Pena Corneira, vixía do Ribeiro, é un Espazo de Interese Natural e Zona Natural Protexida, atópase entre os concellos de Carballeda de Avia e Leiro. Ten unha superficie aproximada de 977 hectáreas e está composta por un macizo granítico caracterizado por unha complexa asociación de formas xeolóxicas que o convirten nun espazo singular e obxeto de estudo de xeólogos/as de todo o mundo.

A súa riqueza non só reside na súa paisaxe, senón nas propias formas das rochas, únicas no mundo e na súa orixe, de fai 300 millons de anos, froito dunha masa de magma que se solidificou a causa da estrutura profunda dun antigo volcán. A chamada Pena Corneira é un espectacular penedo granítico con forma de corno, que semella un xigantesco menhir apuntando ao ceo. É visible dende boa parte do Ribeiro.

A abundancia de humidade favorece a formación de grandes masas de bosque húmido nas que abundan as especies caducifolias como carballos (Quercus robur/Quercus petraea), robles melojos (Quercus pirenaica), castiñeiros (Castanea sativa) e vidueiros (Betuna pendula) etc. Nalgunhas zonas, especialmente en viñas abandoadas, é frecuente atopar repoblacións con piñeiros e grandes extensións de mimosas.

Dúas rutas de sendeirismo que atravesan o municipio permiten coñecer os encantos da zona. Perfectamente sinalizadas e homologadas pola Federación Galega de Montañismo, conectan coa rede de Sendeiros das Terras do Avia, á que pertencen, para ofrecer ao visitante máis de 70 km. de rutas.

Rutas:
Senda do río Avia.
Senda de Pena Corneira.
Segue as nosas rutas en Wikiloc.

Advertisement