Turismo enolóxico

contacta

Mergúllese no mundo do viño e coñeza Leiro a través do seu aroma, cor e sabor. Aquí pode gozar dunhas contornas únicas mentres se combina o pracer co coñecemento dunha tradición milenaria como é a elaboración do viño Ribeiro. O sector enolóxico de Leiro é hoxe en día unha mestura de cultura, calidade, innovación e creatividade, que conta con un recoñecemento a nivel internacional.

As proximidades do Mosteiro de San Clodio foi o lugar escollido para a ubicación da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro de investigación da Consellería de Agricultura, Gandeiria e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia, adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural a través do Centro Galego do sector vitivinícola, ofrecendo asesoramento os viticultores e ebotelladores. Un edificio de 800m² de dúas plantas, con tres laboratorios de análisis e adega experimental con capacidade para 500 Hl, in ivernadoiro climatizado de 300m² e unha nave para o destilamento da augardente.

O viño do Ribeiro consegiu capitalizar o seu progreso a través do Consello Regulador, establecendo unha continuidade dos procesos tradicionais que lle deron sona, agora mellorado pola combinación de prácticas respetuosas co medio e por unha crecente responsabilidade coa cultura da calidade.

copa

Descobra como se fabrica este viño galego da man dos mellores guías, os seus adegueiros. Un mundo de sempre que hoxe revela os seus segredos mellor gardados da man dos seus protagonistas. Déixese seducir pola variedade e cromatismo das paisaxes; territorio con sabor, no que a cultura do viño toma forma propia. Un mundo de vales e de montañas dominadas polos bancais; de sons monacais que nos transportan a un mundo medieval; de viños criados nas entrañas da terra nai; pequenos viñedos en fermosas paisaxes sucadas por grandes ríos.

Pode desfrutar da enoloxía a través da Ruta do Viño Ribeiro e visitar as adegas máis importantes da zona berce dun dos mellores caldos de Galicia e de España.

Ruta do viño do Ribeiro
Adegas de Leiro

Advertisements