XXVIII Festa da Vendima de Leiro

festa da vendima 017 cartel

Música, gastronomía e artesanía na XXVIII edición da “Festa da Vendima” de Leiro.

A celebración terá lugar o día 27 de agosto e mesturará música, gastronomía e artesanía.

Esta festa comezou a celebrarse no ano 1963 e fixéronse tres edicións retomándose novamente no ano 1974 para celebrar catro edicións, e foi no ano 1996 cando se volveu retomar para celebrala cada ano ininterrompidamente.

Ríndese homenaxe a este acto co que a uva inicia o seu camiño para transformarse en viño. Un dos eventos máis atractivos da celebración é o pasarrúas con carrozas, tanto de adultos coma de nen@s, no que grupos de veciñ@s (a participación local é unha peza fundamental) representan as diferentes tarefas relacionadas co cultivo da vide e a elaboración do viño.

Cartel ludoteca. 26 de agosto. Festa Vendima Leiro

O programa de actividades comezará a tarde do sábado coa “1ª Edición Ludoteca Móbil Festa da Vendima” con actividades para @s máis cativ@s na Praza Rey de Viana: obra de teatro infantil, inchables, obradoiros e para finalizar a “Festa Da Escuma”.

O domingo 27, as actividades darán comezo ás 10.00 horas coa recepción de acios a concurso e posterior exposición. Ás 11.30 horas será a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello, para dar paso ás 12.00 horas á lectura do Pregón na praza do Cruceiro que nesta edición correrá a cargo da comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico, Edelmira Barreira. O desfile de carrozas e charangas comezará ás 12.30 horas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira e, ás 14.00 horas, será a visita ao XIV Mercado Artesanal que estará instalado no Salgueiral. O xantar popular comezará ás 14.30 horas.

IMG_20170818_182517

Pola tarde, a partir das 16.30 horas celebrarase a entrega de premio aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas e continuarase con actividades infantís e festa no Salgueiral. O deporte terá o seu espazo tamén na celebración co partido de presentación do C.F. Leiro ás 17.45 horas. Por último, será a música a encargada de pechar esta celebración co concerto de corais da Vendima ás 20.00 horas e coa actuación en directo no Salgueiral ás 21.00 horas.

Un dos eventos máis atractivos da celebración é o desfile de carrozas que hai en modalidade infantil e adulta. As carrozas deben facer referencia a motivos da vendima, da viña ou traballos da mesma e deben cumprir as características recollidas nas bases do certame, pois de non ser así, o xurado poderá descalificalos.

IMG_20170818_182445

Os premios do certame serán para os adultos de 1.000 euros para o primeiro premio, o segundo 750 euros e o terceiro premio 600 euros, e por participar no concurso reciben 400 euros de premio. E na modalidade infantil son de 400 euros para o primeiro, 300 euros para o segundo e 200 euros para o terceiro, e 50 euros por participar.

IMG_20170818_182656No relativo ao mercado artesanal, que se leva celebrando 14 anos, haberá 26 artesáns confirmados procedentes principalmente da provincia de Ourense: artesáns de xabóns, bixutería, fieltro, rosquillas, garrapiñada, bixutería en aceiro, complementos en tela, pirogravados en madeira, pedra e pizarra, cornos e cascos vikingos, xoguetes en madeira e cerámica, esmaltes o lume, muñecos en tela, téxtil, bixuteria en madeira e coiro, artesanía en madeira, cristal reciclado, ganchillo, complementos,  flores en ganchillo, etc.

Outra novidade desta edición será a “Mostra de coches clásicos” no Salgueiral.

IMG_20170818_182542

Sumérxete, participa, divírtete, goza na #XXVIIIFestaDaVendimaDeLeiro.

✔️Tradición arredor das labores da #vendima.
✔️Recreación tradicional da nosa vendima.

#FestaDaVendimaDeLeiro🍇 única e singular! Dende 1963!

Consulta aquí as bases e a folla de inscrición de carrozas.

Para estar ao día de toda a información sobre a festa, visita o noso facebook.

Revive a #XXVIIIFestaDaVendimaDeLeiro :

Advertisements