Situación Xeográfica

Enclavado no corazón da comarca vitivinícola do Ribeiro, no borde noroccidental da provincia de Ourense, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste de España. O concello espallase na súa maior parte polo val do Avia, ainda que tamén polas bocarribeiras e a montaña.

As parroquias de Gomariz, San Clodio, Vieite, Lebosende, Berán (Entidade Local Menor) e Leiro, no val do Avia e os seus afluentes, contan coas terras máis fecundas e húmidas. Na zona de bocarribeira atópanse Orega e Serantes, mentres que Lamas e a Serra aséntase na zona de montaña ou, para ser mais precisos, de achanzamento, con abundantes afloramentos graníticos.

O concello limita con Boborás e O Carballiño ao norte; Carballeda de Avia e Beade ao sur; San Amaro e Cenlle ao leste e Avión ao oeste.