Como chegar

Dende o sur a opción máis recomendable é gañar a autoestrada A-52 (gratuíta) e saír en Ribadavia (punto quilométrico 252) para coller o Eixo do Ribeiro (OU-504) que nos levará directamente a Leiro.
Dende o norte, o máis cómodo é gañar a estrada Santiago-Ourense (N-525) ate os arredores do Carballiño ou, na actualidade, a autoestrada AP-53 dende Santiago ate o mesmo lugar, para despois, coller o Eixo do Ribeiro (OU-504), con saída directa a Leiro.

Distancia coas principais cidades por estrada:

Cidade

Distancia (en Km.)

A Coruña

140

Ferrol

154

Lugo

100

Ourense

28

Pontevedra

63

Santiago de Compostela

81

Vigo

73

Madrid

530

Barcelona

1.105

Porto

196

Lisboa

506

Tamén podes consultar Guía Campsa.