Preguntas máis frecuentes

Atopa nesta sección as respostas ás preguntas máis frecuentes que poidan xurdir arredor de diferentes trámites ou cuestións administrativas do Concello de Leiro.

Cal é o horario de atención cidadá no Concello?
Podes xestionar calquera trámite ou consulta na Casa do Concello en horario das 09.00h da mañá as 14.30h da tarde.

Podo solicitar o préstamo de libros da biblioteca municipal?
Si. Para iso só precisas ter un carné de lector ou tarxeta de préstamo, que podes solicitar na mesma biblioteca cubrindo unha solicitude e acompañando unha fotografía.

Como podo poñerme en contacto coa traballadora social do Concello?
A asistenta social do Concello atenderá calquera consulta que queiras formularlle na planta baixa do concello.

Podo solicitar unha cita no centro médico a través da internet?
Si. Só debes acceder á web disposta polo Sergas para este fin e inserir os datos da túa tarxeta sanitaria: Solicitar cita

A onde debo acudir para dar de alta por nacemento no Concello de Leiro ao meu fillo ou filla?
No Rexistro da Casa do Concello, podes cursar a Solicitude de alta por nacemento. Deberás presentar a instancia cuberta e o libro de famila.

Como podo facer o trámite de cambio de domicilio dentro do mesmo Concello de Leiro?
No Rexistro da Casa do Concello, podes cursar a Solicitude de alta por cambio de domicilio (procedente do mesmo concello). Debes presentar unha, as escrituras de propiedade ou contrato de aluguer da casa na que se vai empadroar. No caso de que vaia vivir con outra persoa que estea xa empadroada en Leiro, deberá presentar autorización asinada desa persoa.

E se quero darme de alta no padrón de Leiro cando procedo doutro Concello?
Debes presentar cuberta a instancia tipo, as escrituras de propiedade ou contrato de aluguer da casa na que se vai empadroar.No caso de que vaia vivir con outra persoa que estea xa empadroada en Leiro, deberá presentar autorización asinada desa persoa. Se se desexa empadroar fillos ou fillas, é preciso presentar o DNI / pasaporte e libro de familia.

Cómo e onde podo obter un certificado de matrimonio, viuvidade, nacemento ou defunción no Concello de Leiro?
No Xulgado de Paz, sito na casa do concello.

Como podo tramitar o cambio de titularidade dunha actividade comercial?
Na Oficina Xeral da Casa do Concello. A documentación que deberá presentar, sempre compulsada, é a seguinte:

-Instancia, asinada polo titular orixinal e o novo titular.
-DNI do titular orixinal e máis do novo titular.
-Escritura da sociedade, se procede.
-Contrato de arrendamento.
-Licenza da actividade.
-Certificado de pago das taxas (o impreso recollerase na Oficina Xeral do Concello.
-Certificado visado polo colexio de que se adapta ás actividades clasificadas.

Onde debo solicitar a alta ou o cambio de titularidade do recibo do lixo?
Na Oficina Xeral da Casa do Concello. A documentación que se deberá achegar é a seguinte:

-DNI do propietario/a do inmoble.
-Escrituras de propiedade.
-Último recibo da contribución e de lixo.
-Solicitude asinada.

Como fago para solicitar formalmente a anulación dun recibo (especificando titular, nº fixo…)?
Debe presentar a seguinte documentación:

-DNI dos titulares do recibos.
-Copia dos dous recibos pagados.
-Copia do recibo de contribución do inmoble.
-Número de conta no que se solicita que se ingrese a devolución.

Onde podo atopar información para a realización de queimas?
Aquí.