Festas

Festa da Vendima
Leiro, último domingo de Agosto. Ríndese homenaxe a este acto co que a uva inicia o seu camiño para transformarse en viño. Parte fundamental desta festa é o pasarrúas con carrozas no que grupos de veciños/as (a participación local é unha peza fundamental) representan as diferentes tarefas relacionadas co cultivo da vide e a elaboración do viño.

San Pedro
Leiro, 29 Xuño, festas de carácter popular onde destaca a tirada de fogos artificiais sobre o río Avia.

Festa do Licor Café
Berán, última fin de semana de Outubro.

Carreira Popular de Leiro
Primeiro domingo de xullo. Acontecemento deportivo que cumple nesta edición 33 anos de celebración e no que participan tanto afeccionados como grandes atletas internacionais.

No conxunto do concello hai diferentes festas na honra dos seus patróns durante todo o período estival. Na seguinte listaxe aparecen recollidas as de maior relevancia:

Festa de Santa Cruz, en San Clodio, 3 de Maio.
Festa de San Antón, en A Ponte – San Clodio, 13 de Xuño.
Festa de Santa Margarida, en Berán, 15, 16 e 20 de Xullo.
Festa de San Xoan, en Orega, 24 de Xuño.
Festa de Santa Mariña, en Gomariz, 18 e 19 de Xullo.
Festa de Santa María, en Lamas, 15 de Agosto.
Festa de Santa Helena, en Vieite, 17 de Agosto.
Festa de San Roque, en Lebosende, 23 de Agosto.
Festa de San Bartolomé, en Corneira, finais de Agosto.