Turismo termal

En Leiro tamén poderemos desfrutar das augas termais xa que en Berán atópase o balneario do mesmo nome, do que existen referencias a principios do século XVII. As súas augas acadaron merecido nome polos seus efectos curativos de distintas enfermidades da pel, especialmente psoriase, eccemas e dermatite ademáis de afeccións respiratorias, transtornos hepáticos e dixestivos.

Con un caudal de 300 litros por minuto e unha temperatura constante de 28º C, este manantial é un dos máis coñecidos da comarca contando con augas hipo-termais, sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, cloruradas, cálcicas y silicatadas, brandas e de mineralización debil. Situado nunha ladeira, rodeado de viñedos, unha paixase marabillosa onde se pode desfrutar de saúde, natureza e descanso, desconectado totalmente da vida cotiá tan estresante.

En canto a instalacións, existe o balneario novo que está pendiente de apertura e o antigo que si está aberto e conta con unha pequena piscina de auga termal o aire libre, ademáis de sete bañeiras individuais, vestiarios, duchas e unha fonte para poder beber as súas augas, que ademáis de recomendadas para o baño, tamén o son para a bebida.

Máis información:
Balneario de Berán
Paraxe de Caldelas – Berán
32425 – Leiro
Tel: 685 997 312